Followmy.tv Keeps track of your current tv shows. Discover new tv shows, discuss and share them with your friends.

Serramoura - 1x03 Queimando probas

O atraco a punta de pistola nun banco conmocionará novamente Serramoura. O atracador non levou cartos ningúns, só unha caixa de seguridade a nome de Mónica Triáns. Que gardaba a moza asasinada no banco? Dar co ladrón podería ser a única maneira de descubrir cal era a verdadeira identidade da vítima e, polo tanto, o móbil do seu asasinato.

Deter o atracador, recuperar a caixa de seguridade de Mónica Triáns pasa a ser prioridade para os nosos protagonistas. Se o conseguen, poderán reabrir a investigación e avanzar nun caso que se está transformando para os dous nunha obsesión.

O atraco coincidirá no tempo co funeral de Xulián Soutelo, patriarca da familia propietaria do serradoiro e cita ineludible para todo aquel que se considere alguén en Serramoura. O evento perfecto para que Teresa Soutelo pesque investidores para o seu necesitado serradorio. Pronto Raquel acabará cos soños de prosperidade dos Soutelo. A contabilidade do negocio é tan mala que botaría por terra calquera plan de investimento... ou poida que non?

Allea a todo isto Álex, a filla de Raquel e Pancho, iniciou a súa propia investigación para dar co asasino de Mónica e así sacar o seu pai do cárcere. En contra das advertencias do seu amigo Quique, a moza intentará gañarse a confianza de Román Fiuza, sospeitoso inicial que se resgarda baixo unha falsa coartada.

Comments

No comments yet. Please login to be the first.
  • Awaiting 10 votes
  • Poor
  • Nothing special
  • Worth watching
  • Pretty cool
  • Awesome
  • Aired Oct 19, 2014
  • Episode 1x03
  • Show special No

Activity

Followers (3)

  • skoi
    skoi last seen Mar 06, 2016
  • dandas
    dandas last seen 14 hours ago
  • estelavn
    estelavn last seen Jul 04, 2023