Followmy.tv Keeps track of your current tv shows. Discover new tv shows, discuss and share them with your friends.

Serramoura - 1x10 Criminal

A vida complícase cada vez máis para os habitantes de "Serramoura", que, dun xeito ou doutro, están a sufrir as consecuencias do misterioso asasinato de Mónica Triáns, un caso que segue traendo de cabeza a Garda Civil, especialmente a Marga e a Diego. Un dos afectados é Evaristo Fiuza, que se atopa detido. Ao ata agora home máis poderoso de Serramoura impútanselle dous asasinatos: o de Mónica de Triáns e o de Emilio, médico da vila e ex parella sentimental de Marga Neira. Pero, foi el? A sospeita, que corre como a pólvora polo lugar, abrirá unha brecha insalvable entre o acusado e o seu fillo. Mentres, Santos planea a súa vinganza contra Diego Bazán desde o cárcere. Pancho fallou no seu intento de eliminar ao sarxento. Agora, o ex marido de Raquel ten unha débeda co axente da Garda Civil que lle salvou a vida. Con Diego ao tanto das intencións de Santos, este atopou un poderoso aliado en Vítor Somoza, do Servizo de Asuntos Internos. Vítor chegou a Serramoura cunha soa intención: acabar coa carreira do sarxento Bazán, aínda que para iso teña que coaccionar, un a un, todos os veciños da vila. Por outro lado, preocupada pola saúde de seu pai, Álex decide levar a Pancho de novo á casa, unha situación moi incómoda para a súa nai, pero tamén para el, que vivirá en primeira persoa cada episodio da relación errada de Raquel con Gonzalo. E a investigación policial prosegue. Convencida de que o asasino os está a enganar de novo, Marga segue os pasos da investigación que desenvolveu Emilio para atopar o verdadeiro culpable. De maneira inequívoca, Marga descubrirá hoxe, por fin, o rostro do asasino de "Serramoura".

Comments

No comments yet. Please login to be the first.
  • Awaiting 10 votes
  • Poor
  • Nothing special
  • Worth watching
  • Pretty cool
  • Awesome
  • Aired Dec 07, 2014
  • Episode 1x10
  • Show special No

Activity

Followers (3)

  • skoi
    skoi last seen Mar 06, 2016
  • dandas
    dandas last seen 4 minutes ago
  • estelavn
    estelavn last seen Jul 04, 2023