Followmy.tv Keeps track of your current tv shows. Discover new tv shows, discuss and share them with your friends.

Serramoura - 1x24 Un asunto persoal

Un cadáver apareceu enterrado nos montes da vila. Son os restos dun crime que parece que se produciu hai uns 30 anos e do que ninguén na localidade tivo noticia xamais, ninguén salvo o asasino. Tras unha ardua tarefa, a identidade da vítima conmociona Serramoura. Trátase de Carmen Varela, a nai de Marga e de Raquel e a muller de Moncho, a quen todo o mundo supoñía fuxida dun marido alcohólico. Por que a asasinaron? Que sucedeu 30 anos atrás? Preguntas para as que os homes do tenente Penedo teñen que achar respostas con poucas pistas e moi desgastadas polo tempo. No caso de que lograsen resolver o caso, pasou tanto tempo que existe a posibilidade de que o criminal nin sequera siga vivo. No mellor dos casos. No peor, segue vivo. E todas as miradas se volven, acusatorias, contra Moncho. Mentres a Garda Civil investiga o caso, Evaristo e dona Teresa conspiran para acabar con Santos, o seu inimigo común. Dona Teresa quere recuperar o negocio do seu home, o serradoiro dos Soutelo. Evaristo, acabar co seu peor inimigo e o último na lista de amantes da súa ex-muller.

Comments

No comments yet. Please login to be the first.
  • Awaiting 10 votes
  • Poor
  • Nothing special
  • Worth watching
  • Pretty cool
  • Awesome
  • Aired Mar 22, 2015
  • Episode 1x24
  • Show special No

Activity

Followers (3)

  • skoi
    skoi last seen Mar 06, 2016
  • dandas
    dandas last seen 18 hours ago
  • estelavn
    estelavn last seen Jul 04, 2023