Serramoura - 2x10 Catro sospeitosos

O caso do asasinato de Álex segue cheo de preguntas sen resposta. Quen matou a Lucas é a última delas. Unha peza máis no crebacabezas en que se está transformando a investigación. Outra peza atoparana Raquel e Pancho, os pais de Álex, que, na súa obsesiva cruzada por facerlle xustiza á súa filla, conseguen información moi valiosa, crucial, da que non dispón a Guardio Civil. Que farán con ela? O problema é que Raquel quere tomarse a xustiza pola súa man. E, para ela, a xustiza farase cando morra o asasino da súa filla, se é posible, da súa propia man. Mentres, don Amancio, párroco de Serramoura, intenta conseguir que o seu sancristán o libere do peso dunha confesión que segue a ser un misterio para o espectador, pero que pode acabar co fráxil equilibrio que se estableceu na vila tras o asasinato de Álex. E, no medio de tanto balbordo, dona Teresa orquestra a campaña política de Evaristo Fiúza. Este dedica o seu tempo a convencer os veciños máis influentes para que se unan á súa lista electoral, pero fáltalle o máis importante: atopar a persoa apropiada para que sexa o seu brazo dereito, o número dous na súa candidatura á alcaldía.

Comments

No comments yet. Please login to be the first.
  • Awaiting 5 votes
  • Poor
  • Nothing special
  • Worth watching
  • Pretty cool
  • Awesome
  • Aired Dec 06, 2015
  • Episode 2x10
  • Show special No

Activity

Followers (3)

  • skoi
    skoi last seen Mar 06, 2016
  • dandas
    dandas last seen 3 hours ago
  • estelavn
    estelavn last seen Jul 04, 2023